jueves, noviembre 19, 2015

O PPdeG MOVESE POLITICA E ELECTORALMENTE

A  actividade política e electoral do PPdeG moverase nos próximos días, empezando con este domingo, no que Feijóo, vai presentar nun acto público aos candidatos do PP nas catro provincias ao Congreso e ao Senado. O evento terá lugar en Santiago de Compostela ás 12 da mañá.
O PPdeG presenta unhas candidaturas potentes, de alto perfil político e con persoas preparadas para asumir os retos da próxima lexislatura trascendental. “Están cualificadas e non van a aprender senón a aportar dende o primeiro día”. 
Tamém na axenda política esta a visita a Galicia dos eurodeputados do PP que celebrarán a súa xuntanza de coordinación en Santiago este venres. Nesta cidade reuniranse co grupo parlamentario do PPdeG todos os eurodeputados encabezados polo seu portavoz, Esteban González Pons, e tamén está previsto que no acto participe  Feijóo. O obxectivo é mellorar a coordinación entre os nosos grupos parlamentarios e trasladar aos eurodeputados os asuntos clave de Galicia e poder defender así os intereses galegos ante as institucións comunitarias.

No hay comentarios: