miércoles, noviembre 04, 2015

O PP DE SANTIAGO PROPON A ELIMINACION DO ICIO

Agustín Hernández, acompañado polo concelleiro Manuel Martínez, ofreceu,  unha rolda de prensa para presentar a proposta de ordenanzas fiscais que o grupo popular levará ao vindeiro pleno e na que se contempla a eliminación temporal, por un período de dous anos, do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). “A supresión do ICIO suporía un importante aforro para as familias e para as pequenas empresas, así coma un aliciente para levar a cabo pequenas obras, o que contribuiría a aumentar a carga de traballo dos nosos autónomos”. 
Tal e como explicou, na actualidade, este imposto afecta directamente ás familias e ás pequenas empresas, xa que o maior número de licencias que se conceden son para pequenas obras, construción de vivendas unifamiliares ou traballos de comunidades de propietarios.  
Indicou que o concello está en condicións para asumir a eliminación do ICIO, xa que durante o 2014, recadouse preto de 860 mil euros por dito imposto e, para o vindeiro ano, ao non orzamentarse 1,3 millóns de euros correspondentes ás partidas correspondentes á eliminación do cargo de director de área, ao descenso no soldo dos cargos electos e do persoal eventual, ao aforro da refinanciación da débeda derivada do plan de pago a provedores ou á partida correspondente á xubilación do persoal, compensaríase esta supresión.

No hay comentarios: