martes, noviembre 03, 2015

O PP COMO FIRMEZA E CREDIBILIDADE

Feijóo asegurou en vigo que “o PP é o único partido coa firmeza e credibilidade necesarias para plantarlle cara á crise territorial, como foi o único capaz de afrontar a económica”.
Así se expresaba na clausura do acto do programa #CumPPlimos que se celebrou esta fin de semana en Vigo e onde estivo acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e polo vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado.
Feijóo pensa que España non merece que triunfe nin o voto do perdón aos que levaron o país á peor crise económica, nin tampouco o voto da condescendencia co que sementou coa súa irresponsabilidade a crise territorial.
Así mesmo,  sinalou que os populares demostraron nos últimos catros anos que teñen un proxecto económico, un proxecto social e un proxecto político para o noso país.
Así, lembrou que se no Nadal de 2011 se estivo pendente de se a crise económica se ía levar España por diante, agora non desexa que este Nadal o pasemos pendentes de se o que vai levarse España por diante é unha nova crise económica ou unha crise territorial.
Feijóo asegurou que o que quere é que se siga falando de recuperación do emprego, da calidade de vida dos cidadáns, de oportunidades, da confianza na política e da recuperación da unidade de España, algo que só é posible co PP.

No hay comentarios: