miércoles, noviembre 04, 2015

INESTABILIDADE MUNICIPAL

En Pontevedra, o Partido Popular de Oia, forza máis votada nas últimas eleccións municipais, e Converxencia Galega presentaron por rexistro unha moción de censura para relevar á alcaldesa socialista A  xustificación a esta actuación esta na falta de capacidade política da rexedora.
En Lugo, os dous concelleiros de Compromiso por Galicia-Concellos Transparentes (CxG-CCTT) en Sarria anunciaron este martes a ruptura do pacto de goberno que mantiñan con PSOE e BNG, de modo que pasan á oposición e deixan o goberno de Sarria en minoría. Con respecto ao futuro, CxG-CCTT non despexou ningunha dúbida, nin sequera a dunha moción de censura que devolvería o goberno ao PP, ao limitarse a lembrar que "fomos chave e seguimos sendo chave".

No hay comentarios: