jueves, noviembre 05, 2015

INCONGRUENCIA DOS SOCIALISTAS OURENSANS

O grupo provincial do PP de Ourense quere poñer de manifesto “a máis absoluta incoherencia mostrada polo grupo socialista ao invocar o Código Ético da Deputación, co fin de abordar un tema estritamente persoal e co único fin de obter réditos electorais”, afirma o deputado popular Pablo Pérez, quen asegura que a incongruencia dos socialistas queda patente ao recorrer a un Código Ético “en cuxa elaboración non quixeron participar”. Os socialistas, lembra o deputado, rexeitaron a invitación formulada no seu día desde o goberno provincial para que realizasen as súas achegas ao documento, votando incluso na súa contra na sesión plenaria do 30 de abril de 2014.
O máis absoluto descoñecemento do Código Ético e do seu funcionamento queda patente, di Pablo Pérez, “ao solicitar o presidente da institución provincial unha reunión do Comité de Ética -encargado de velar polo cumprimento do devandito código-, cando en realidade trátase dun órgano independente do que non forma parte a presidencia e sobre o cal carece de competencias para a súa convocatoria”.
Dado o nulo coñecemento que demostran os socialistas do Código Ético ao que tanto aluden, o deputado lémbralles que o artigo 13 tamén establece compromisos e responsabilidades que deben asumir os membros da oposición, como “exercer responsable e construtivamente a oposición política (…),con lealdade institucional e procurando (…) o maior benestar da cidadanía”.
As continuas contradicións nas que incorren os socialistas poñen ao descuberto, sinala Pablo Pérez, a verdadeira “ética electoralista” do grupo da oposición, que non é outra que tentar obter o maior rédito electoral das súas accións na Deputación, “moi lonxe dos intereses e benestar da cidadanía, como así demostraron ao abandonar a sesión plenaria do pasado 29 de outubro deixando claro que non lles interesaba ningún dos asuntos incluídos na orde do día”.
Para o grupo provincial do Partido Popular esta estratexia electoralista non terá froito algún e que os socialistas haberán de explicar á sociedade ourensá as súas incoherentes accións, recorrendo como fixeron a iniciativas do grupo popular que nunca tiveron e das que tampouco quixeron participar.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Quien tiene el más absoluto desconocimento de cualquier tipo de ética y moral es José Manuel Baltar y el grupo popular orensano de la Diputación, que le baila el agua de la manera más rastrera. En cualquier serio, si se presenta una denuncia con grabaciones claras de asignaciones de puesto a cambio de sexo, o se hace referencia a multitud de enchufados que entraron en una institución pública por parentesco, el denunciado dimitiría ipso facto, independientemente de cualquier consideración legal posterior.

La ciudadanía de Orense está escandalizada ante semejante espectáculo y ya llega la hora de no votar Partido Popular para impedir que vuelvan a repetirse actos como éste.

Anónimo dijo...

Que vergüenza de PP!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Por cierto, se me olvidaba el chiste que circula por Orense. El que diseñó el rótulo de "La CentraL" era profeta o un sinvergüenza de cuidado...María, por favor, toma medidas, porque esto va a ser un chiste continuo.

Anónimo dijo...

Feijóo, estás acabado !!. Años atrás de fiesta con el Dorado, y ahora justificando a este individuo denunciado, y con pruebas públicas, por un tema muy grave.Estáis todos pillados, y por eso os tapáis los unos a los otros, no vaya a ser que alguno cante.
Regeneración del PP ya, o sino directamente Ciudadanos.

Anónimo dijo...

Podemos es como Atila en tiempos de romanos corruptos.