martes, noviembre 24, 2015

DEPUTADOS DO PPdeG REUNENSE CON A CONFEDERACION DE AMPAS

Os deputados do Grupo Popular Hipólito Fariñas, Marisol Piñeiro e Aurelio Núñez reuníronse onte con representantes da Confederación de ANPAS de Galicia, “unha reunión cordial na que coincidimos na necesidade de mellorar os protocolos de atención aos nenos que precisan atención educativa domiciliaria, algo no que as consellerías de Educación e Sanidade xa están a traballar para garantir os recursos necesarios, tendo en conta as características de cada caso concreto”.
Os deputados do PP coincidiron cos representantes das ANPAS en que a sensibilidade debe estar por enriba de calquera outra consideración, polo que esta situación non ten que ver coa política senón co mellor trato posible para as persoas que están sufrindo esta circunstancia concreta de necesidade de atención educativa domiciliaria.

No hay comentarios: