lunes, noviembre 23, 2015

AS CANDIDATURAS DA POLITICA UTIL


Feijóo asegurou que só o PP garante con certeza que a economía e o emprego sigan crecendo no futuro. Así se expresou na súa intervención no acto de presentación das candidatas e candidatos do PPdeG ao Congreso dos Deputados e ao Senado, celebrado esta fin de semana en Santiago. Alí, Feijóo sinalou que hai dúas verdades irrefutables: co PSOE o paro crece e a economía afúndese; e co PP ocorre todo o contrario, sendo todo o resto incertezas.
Durante a súa intervención, Feijóo recordou que veñen dunha lexislatura complexa cun comezo moi difícil pola situación de recesión para a que non parecía haber outra saída que o rescate, enfrontábanse a débedas millonarias, o paro crecía e, sobre todo, non había certezas de onde estaríamos na actualidade. Sen embargo, afirmou que hoxe están onde hai catro anos parecía case inalcanzable, coa economía recomposta, o rescate despexado e o emprego medrando cada día. Por este motivo, afirmou que queren reivindicar que o esforzo do pobo tivo ao seu carón ao PP desde un goberno que dixo a verdade e non desperdiciou o sacrificio da xente; desde administracións xestionadas con responsabilidade; e cunha maioría ampla no Congreso e no Senado que deu a estabilidade política necesaria para avanzar.
Segundo as súas palabras, estamos ante unha nova lexislatura difícil pero tamén esperanzadora e con retos por diante. Para Feijóo, a diferenza entre hoxe e hai catro anos é que agora si sabemos onde podemos estar ao final da próxima lexislatura e só hai un xeito de non volver poñer incertezas no camiño que é co PP.
Asimesmo,  apuntou que só cos populares haberá un presidente que tomará decisións desde o primeiro día, aportando unha seguridade que non poden dar nin Podemos, nin Ciudadanos, nin os socialistas.
Por outra banda, sinalou que na candidatura do PP están representadas todas as xeracións e todas as comarcas pero, sobre todo, as aspiracións das galegas e galegos como son o crecemento, o emprego, o benestar familiar e a política útil.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Las candidaturas de los caraduras, será!!

Anónimo dijo...

Ayer en V television , no dio la talla , leria , leria , pero nada de nada , esperemos que para abril teñas decidido largarte o que ature de xente como a que temos na Coruña no pode seguir

Anónimo dijo...

como si no lo quiere aprobar , al final nos vamos conociendo todos