viernes, octubre 09, 2015

SIGUE A DINAMIZACIÓN NO PP DE OURENSE

O coordinador de campaña do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, presidiu esta tarde en Trives a terceira reunión do comité de campaña da formación, correspondente desta volta á xunta electoral de zona de Pobra de Trives.
Á cita foran convocados os alcaldes, voceiros e presidentes locais do partido nos once concellos que integran esta xunta de zona: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, San Xoán de Río, A Teixeira, Trives, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
A 73 días das eleccións xerais do 20 de decembro, todos eles recibiron información detallada do proceso electoral, ademais de deseñar os actos que se celebrarán ao longo da campaña electoral.
Rosendo Fernández enmarcou esta reunión no compromiso do PPOU de achegarse e manter informados aos representantes da formación nas comarcas ourensás, subliñando que “no noso partido traballamos coa mesma dedicación haxa ou non eleccións, polo que arestora podemos facer gala do moito labor adiantado cara ós comicios de decembro”.
Na terceira semana de outubro o PP ourensán ten previsto rematar as reunións nas xuntas electorais da provincia, estando previstas para próximos días as correspondentes a Verín, O Carballiño, Ribadavia e Bande.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Rosendo de director de campaña. Uau! Toma renovación. A su lado, Ana Belén. Una pregunta. ¿Aprobó ya las ooposiciones en la Diputación de Orense?

BETADINE dijo...

O ROGELIO XA NÓS DEIXOU..HALA AGORA A O NOSO
IMOS A POR TODAS..
ALÉGROME POLOS NOVOS NOMBRADOS
HALA UNHA APERTA

O NOSO PRESIDENTE DECIDIRÁ

Anónimo dijo...

El pp de Ourense se renueva,...por eso se nombra asesor cultural de la diputacion Aurelio Gomez Villas,...lamentable, penoso,..vender boligrafos para Baltarin es saber de cultura,...
Y por si fuera poco el mencionado asesor se dedica a contratar a empresa de LA CORUÑA para promocionar el comercio en OURENSE,...que ganas tengo de que desaparezca de mi provincia la saga baltariana,...que ganas....