miércoles, octubre 14, 2015

O PPOU SIGUE EN PRECAMPAÑA

O comité de campaña do PP de Ourense deuse cita onte na sede da formación en O Carballiño, no marco das reunións convocadas en cada unha das sete xuntas electorais da provincia. A esta reunión estaban chamados os alcaldes, os voceiros e os presidentes locais do partido nos concellos de Beariz, Boborás, Maside, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea e O Carballiño.
Baixo a presidencia de Rosendo Fernández, como coordinador do comité, os asistentes recibiron detallada información acerca da campaña electoral que se abrirá cara as eleccións do 20 de decembro, concretando xa os actos que se organizarán neste periodo.
Nesta liña, Rosendo Fernández animou aos asistentes a traballar para revalidar os resultados das eleccións xerais de 2011, xa que unha representación forte do partido en Madrid “permitiranos seguir avanzando no desenvolvemento de sectores estratéxicos para esta comarca e para o resto da provincia, como é a posta en valor do turismo termal, tal e como recolle o plan “Ourense, provincia termal”.
Esta mesma semana, o PP de Ourense ten xa previsto rematar as reunións organizadas polo comité de campaña, desta volta na última das xuntas electorais de zona da provincia, en Verín.

No hay comentarios: