martes, octubre 06, 2015

O PPOU PLANIFICA A PRECAMPAÑA

O PP de Ourense celebrou a segunda reunión do comité de campaña, á que foron convocados os alcaldes, portavoces e presidentes locais, pertencentes aos 37 concellos que integran a xunta electoral de zona de Ourense.
Presidida polo coordinador de campaña, Rosendo Fernández, en ausencia de Manuel Baltar, de viaxe institucional en Castellón, a convocatoria serviu para avanzar no deseño dos actos que se celebrarán durante a campaña electoral para os próximos comicios xerais de decembro.
Rosendo Fernández lembrou durante a súa intervención que “o noso partido foi a primeira formación política de España en poñer en marcha un comité de campaña o cal nos permite planificar con moita antelación todas as reunións preparatorias e accións cara ás eleccións”.
Así, o PP ourensán ten xa programadas para este mes de outubro as reunións que celebrará cos representantes da formación nos outros seis partidos xudiciais da provincia (Bande, O Carballiño, Ribadavia, Trives, Valdeorras e Verín).
Este comité é o encargado de deseñar a campaña electoral dos populares ourensáns para as próximas eleccións xerais e planificar e organizar a súa execución, para o que conta cun equipo forma do por 22 persoas que se responsabilizan de 19 áreas de traballo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Baltar en Castellón...Entre dinastías de caciques anda el juego. Los Fabra y los Baltar.