viernes, octubre 16, 2015

O PPOU EN RIBADAVIA E COMARCA

Alcaldes, voceiros e presidentes locais do PPOU nos dez concellos que integran a xunta electoral de zona de Ribadavia reuníronse  co comité de campaña do partido.
Na sede do PP na capital do Ribeiro, os cargos públicos e representantes do partido de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro Entidade Menor de Berán, Melón e Ribadavia foron informados dos detalles do proceso electoral cara os comicios do 20 de decembro, ademais de estudar o calendario de actos que se levarán a cabo durante a campaña.
Rosendo Fernández aproveitou a ocasión para felicitar a César Fernández Gil, voceiro do PP no Concello de Ribadavia, pola nova etapa que comezou onte como deputado autonómico, en substitución de Marisol Díaz, nomeada delegada territorial da Xunta en Ourense.
A presenza de Fernández Gil no parlamento galego, dixo o coordinador do comité, “é unha boa noticia para Ribadavia e a súa comarca”, xa que está máis que demostrado, engadiu, “o compromiso e mailo traballo do deputado a prol dunha terra de renome no sector vitivinícola e cun grande potencial turístico polos seus recursos termais e patrimonio cultural”.
As reunións do comité de campaña nas sete xuntas electorais de zona da provincia rematarán a próxima semana con senllas convocatorias en Bande e Verín.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero, ¿sigue ahí Rosendo Fernández, el eterno perdedor?

Anónimo dijo...

Pues ya ves, cuando ven que alguien sobresale por su trabajo, trato y respeto con la militancia, les entra el canguele y lo echan.

Sin embargo en este partido, a los vividores de la cosa pública (de verbo fácil), a los perdedores (todavía no se dan cuenta de porqué pierden) se lo comen todo. Así les va a ir