martes, octubre 27, 2015

O PPdeG ABRE CONTA EN WHATSAPP

O PP de Galicia anunciou a posta en marcha dunha nova ferramenta de comunicación do partido coa cidadanía. Trátase dunha conta de Whatsapp pensada para facilitar a interacción dos cidadáns co PPdeG. O número, 608.338.908.
Esta medida foi avanzada na Ponencia política aprobada hai unhas semanas, que pretendía redefinir a relación do propio PPdeG cos galegos, de xeito que a política non estivese baseada en discursos senón en conversas, en diálogos bidireccionais e non nun sistema en que uns falan e outros escoitan. Os chicos de Nécora consideran que será unha canle útil para que os galegos poidan solicitar información ao principal partido de Galicia, resolver dúbidas ou trasladar impresións, e mesmo críticas, acerca da acción do Goberno.

No hay comentarios: