miércoles, octubre 07, 2015

O PP DE VALDEORRAS PREPARANDO AS XERAIS

Alcaldes, portavoces e presidentes locais do PP en Valdeorras déronse cita na sede do partido no Barco no marco das reunións que a formación provincial está a celebrar nas sete xuntas electorais de zona de Ourense.
Baixo a presidencia do coordinador de campaña, Rosendo Fernández, os representantes do PPOU nos concellos do Barco, A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras concretaron os actos que se celebrarán durante a próxima campaña electoral, unha vez coñecida a data dos próximos comicios xerais, o 20 de decembro.
Rosendo Fernández subliñou que a reunión servira, ademais, para avanzar na futura reorganización comarcal co obxecto de fixar retos que unan aos concellos desde unha perspectiva supramunicipal, entre otros aspectos no ámbito da cooperación en materia de servizos.
Tras as reunións celebradas en Ourense e Valdeorras, o PPOU ten previstas este mes outras cinco reunións cos representantes do partido nas restantes xuntas electorais de zona: Bande, O Carballiño, Ribadavia, Trives e Verín.

No hay comentarios: