miércoles, octubre 14, 2015

O PP DE LUGO PIDE O BNG QUE ROMPA O SEU SILENCIO

O voceiro do Grupo Provincial do PP de Lugo, Carlos Armesto, instou aos deputados do BNG na Deputación de Lugo,  a que se pronuncien sobre se apoiarán un Goberno da Deputación con imputados. “Deben respectar aos lucenses e darlles a cara, xa que tanto os cidadáns como os seus votantes merecen explicacións e transparencia”.
Armesto cre “necesario que os deputados nacionalistas rompan o seu silencio” tras que o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, lembrase o código ético do seu partido e delegase nos deputados do BNG na Diputación o apoio ou rexeitamento ao organigrama provincial. Tendo en conta a maiores, que os socialistas reafirmáronse en que todos os deputados terían responsabilidades de goberno, incluído un dos imputados, Manuel Martínez.
O voceiro dos populares urxe a que os nacionalistas clarifiquen cal vai ser a postura do BNG na Deputación de Lugo. “Van desautorizar ao seu dirixente e incumprir co seu código ético ou pola contra rompen co bipartito na administración provincial?”, pregúntase Armesto quen considera de necesidade que “se poña fin ao espectáculo que se está a vivir e que só está a danar a imaxe dunha institución pública ao tempo que desatenden os dereitos dos lucenses, que deben coñecer todos os asuntos escuros que se esconden detrás destas negociacións”.

No hay comentarios: