lunes, octubre 26, 2015

O MEDO QUE O PSOE BOTE TODO A PERDER OUTRA VEZ

Feijóo asegurou en Lugo que custou moito á xente chegar ata aquí e poder baixar impostos como para que agora volva o PSOE a botalo todo a perder. Por todo isto Feijóo invitou aos presentes a dicirlle ao PSOE o próximo 20D que “non toquen a economía, non toquen o emprego, non toquen os impostos. Non toquen o imposto de sucesións que suprimimos en Galicia”.
Con todo o que custou arranxar a recesión que deixaron agora din que volven co mesmo equipo de Zapatero, con todo o paro que deixaron agora queren voltar facer política laboral ao seu estilo e co que custou baixar os impostos agora din que queren subilos empezando polo de sucesións, indicou o presidente do PPdeG. Miren, señores do PSOE, mellor non volvan tocar nada, que xa fixeron bastante", aseverou.
Para Feijóo, chegar a esta situación “non foi sinxelo nin para a xente nin tampouco para os que optamos por gobernar con responsabilidade”. Así, nas súas verbas, para chegar á recuperación houbo que pasar por ter que “dar malas noticias” e “dicir moitas veces que non para hoxe poder empezar a dicir que si, que hai un presente mellor que o pasado que este pobo non merecía e un futuro por diante no que podemos recobrar a confianza”.
Para Feijóo custou moito ás familias e aos gobernos responsables evitar un rescate “ao que parecíamos condenados”, pagar as facturas dos caixóns, reconducir a senda de destrución de emprego herdada e chegar ao punto de poder baixar o IRPF. En definitiva, “ir deixando atrás a recesión e poder empezar a ver agora algo de recuperación”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Carallo David seica quedas sen posto que moito arrabeas, nin che fixo caso Fernando e menos Barreiro. Hahahahahahaha o todo porco lle chega o seu San martiño

Anónimo dijo...

Meterse coas "supersticións", é o que ten, que te atoparás con milleiros de paifocas pola rúa que te insultarán. "No meu pobo en pretensión teño mala reputación..." di a canción. Pero o problema segue sen resolver, os paisanos non saben o que é ser "cidadán", prefiren ser vaslos da virxe, de pacucho, dos borb..., etc. Por algo se chama eleccions o governo que é o mesmo que dicir presidente da nacion". Patriotismo e relixión é o consolo que ten a xente por non ter diñeiro, traballo, ... Feijoo non se decata que actuar no teatro é unha cousa, pero actuar fóra do teatro é outra. Non hai que loitar por causas perdidas, hai que loitar por causas posibles, loitas concretas...olvidatedo PSOE pon a furrular o PP e deixate de lerias