lunes, octubre 26, 2015

O COMITE DE CAMPAÑA DO PPOU PECHO O SEU PROGRAMA DE REUNIONS

O PP de Ourense pechou en Bande o programa de reunións do seu comité de campaña, o primeiro en constituirse en toda España, e que permitiu á formación popular ter xa deseñada, organizada e planificada a campaña electoral para as eleccións xerais do 20 de decembro.
Precisamente este foi o eixo da reunión que convocou no salón de plenos da Casa do Concello de Bande aos alcaldes, voceiros municipais e presidentes locais do PP nos oito concellos que integran a xunta electoral de Bande (Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Verea e Bande).
No decurso da xuntanza, o coordinador do comité de campaña, Rosendo Fernández, fixo unha valoración do traballo desenvolvido dende o pasado verán polo comité de campaña. A planificación é clave en política, dixo, “e grazas ao percorrido polas sete xuntas electorais de zona da provincia que fixemos nas últimas semanas, o PP de Ourense xa ten deseñado o programa de actos electorais que celebraremos para explicarlle aos ourensáns todo o labor feito nestes catro anos, pero sobre todo o noso proxecto de futuro”.
A cincuenta e nove días das eleccións, o comité de campaña continuará agora co labor de organización da campaña, para o que se crearon dezanove áreas de traballo nas que participan vintedúas persoas.

No hay comentarios: