martes, octubre 13, 2015

IV CONVENCION DE CARGOS PUBLICOS MENORES DE 45 ANOS




“Os mozos miramos ao futuro con outra esperanza e iso é froito de políticas adecuadas a todos os niveis, por iso aspiramos a seguir gobernando co mellor candidato que é o presidente Rajoy”, afirmou en Ourense o vicesecretario de comunicación do PP, Pablo Casado, durante a súa intervención na cuarta convención de cargos públicos menores de 45 anos dos populares ourensáns. Unha cita na que o presidente provincial da formación, Manuel Baltar, cualificou ao PP ourensán como un partido renovado e transparente e asegurou que “aínda quedan moitas cousas por lograr, porque somos ambiciosos e todos os días queremos facer algo novo, innovando en política e nas administracións”.
Cun emotivo recordo á nena compostelá Andrea, falecida horas antes, e ás vítimas do accidente do tren Alvia en Santiago, Pablo Casado subliñou ante un centenar de novos cargos públicos que “tendes un partido forte porque o seu presidente, Manuel Baltar, ten moi claro o que é facer política do Partido Popular: estar na rúa, cun programa pegado ás necesidades da xente e iso viuse en Ourense”.
Manuel Baltar, lembrou pola súa banda ante Pablo Casado o incremento de apoio á formación obtido en todas as citas electorais desde 2010 e que nos pasados comicios municipais colocaron a Ourense como a terceira provincia de España en apoio ao PP. “Pero iso lógrase -dixo Baltar- cun partido renovado, modélico, transparente, comprometido coa xente e por iso conectamos moi ben cos electores”. Os alcaldes, engadiu, “sábeno moi ben e coñecen o importante que é representar ao seu pobo, centrarse nos problemas da xente e mellorar a situación da súa concello”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

PP OU de convención en convención. No la rascáis!!

Anónimo dijo...

La rascas tu....!