miércoles, octubre 21, 2015

AGUSTIN HERNANDEZ O DEPUTADO QUE NON PARA

En calidade de deputado provincial, Agustín Hernández, iniciou esta semana unha rolda de contactos con representantes do PP da comarca de Santiago, para escoitar as súas demandas e darlles posteriormente traslado ao ente provincial, co obxectivo de presentar iniciativas conxuntas que resolvan os problemas comúns de Santiago e da súa área de influencia. O primeiro destes encontros foi con representantes do PP de Teo, ao que asistiu o seu voceiro, José Manuel Guerra, e os concelleiros Antonio Sánchez e Ignacio Arroyo. Un dos temas que se puxeron enriba da mesa foi a necesidade de traballar de forma coordinada entre as administracións en proxectos comúns e na prestación de servizos.

No hay comentarios: