martes, octubre 27, 2015

15000 KILOS SOLIDARIOS

Novas Xeracións de Xinzo de Limia recolleu 15.000 kilos de tapóns de plástico que terán como destino o financiamento dunha cadeira de rodas para un mozo limián. O presidente local de Novas Xeracións, José Antonio Parente, amosou a súa satisfacción polo resultado desta campaña, que principiaron no pasado mes de xuño e na que se involucraron dende un primeiro momento hostaleiros e veciños.
Neste sentido, José Antonio Parente quixo agradecer públicamente a colaboración amosada nesta campaña, apoio que tamén están a recibir nas distintas iniciativas solidarias postas en marcha por Novas Xeracións e que permitiron reunir preto de 5.000 kilos de productos, entre alimentos, roupa e xoguetes, ademais de 1.500 libros e enciclopedias para a ONG Aldeas Infantiles.
Para este Nadal, adiantou Parente, xa está prevista a organización de novas actividades de carácter solidario, como o terceiro torneo de fútbol sala e a campaña de recollida de alimentos, roupa e xoguetes.

No hay comentarios: