martes, septiembre 15, 2015

XESTORA NO PP DE RABADE

Remedios González Cabarcos e a nova presidenta da xestora que dirixirá o PP de Rábade. Quen foi cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais e actual portavoz, asume a nova responsabilidade de capitanear tamén a estrutura do partido nesta nova etapa.Pedagoga e actual Directora do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, ten dous fillos. Especialista en Educación Musical e Experta Universitaria en Tecnoloxías para a Educación e o Coñecemento ( “Informática Educativa” e “Internet, Aplicacións Didácticas”). É membro da Comisión de Educación do PP.
Enmarcase este nomeamento nun proceso de sucesión natural. Entre os méritos a destacar da nova presidenta, que González Cabarcos conseguiu situar ao Partido Popular como a formación política máis votada no municipio co 41,68% dos sufraxios. A líder dos populares de Rábade afronta este novo reto "con moita ilusión" e coa confianza posta nun equipo que busca sacar ao municipio do inmobilismo e a parálise que caracteriza ao Goberno local.
A dirección provincial tivo palabras de agradecemento á presidenta saínte, a popular Luisa Macía, de quen salientaron o intenso traballo desenvolvido nos últimos anos tanto no seu papel de presidenta local como portavoz no Consistorio.

No hay comentarios: