lunes, septiembre 28, 2015

UNA MOCION INFAME

José Manuel Barreiro, cualifica a moción de censura rexistrada  polo PSOE e o BNG para facerse co Goberno da Deputación de Lugo como “infame”, polo que lles esixe que dean explicacións á cidadanía. Barreiro indicou que socialistas e nacionalistas agochan intereses ocultos no seu acordo que demostran que “o que onte dixeron non teña nada que ver co que hoxe fan”.
O presidente provincial fixo unha cronoloxía do sucedido, acompañado polos deputados provinciais, a presidenta e o secretario xeral do PP, na que recordou que o BNG chegou a dicir que non apoiaría a presenza de Martínez na Deputación de Lugo aínda logrando a súa desimputación. “Por iso nos preguntamos qué foi o que pasou hoxe, qué leva a Martínez a apoiar a moción de censura se non vai ser candidato e qué prezo -e non me refiro a contías económicas- tiveron que pagar o PSOE e o BNG para que isto vaia adiante”.
Barreiro lamenta que a moción responda unicamente ao intento desesperado por parte de socialistas e nacionalistas de atallar os seus problemas internos, “xa que nin unha soa crítica se lle pode facer a un Goberno que nin estivo cen días no posto”. “Utilizan a toda a sociedade lucense para tapar as súas vergoñas e iso van ter que explicalo”.
Para os populares este xeito de actuar “é un exercicio de hipocrisía, polo que coa infamia que vén de cometer o PSOE e Besteiro quedan invalidados politicamente. Temos dereito a saber cal foi o amaño porque está claro que o houbo e que nos expliquen as cousas con luz e taquígrafos se aspiran a xestionar os recursos da nosa provincia”.
Desde o PP consideran sorprendente que socialistas e nacionalistas apelen agora ao progresismo cando “fomos os populares os que gañamos as eleccións do pasado 24 de maio”. “O que están facendo son interpretacións para tapar o que hai debaixo”.  
Barreiro precisou ademais que, “se a moción de censura finalmente nos leva á oposición, seguiremos traballando por esta provincia, que foi para o que nos deron a súa confianza”.

No hay comentarios: