lunes, septiembre 28, 2015

UN ANO MAIS NA CONVENCIÓN DE OS MILAGRES

"O PP de Ourense é un partido único e diferente e cremos en Ourense, no seu potencial e traballamos a prol dos seus veciños”, proclamou Manuel Baltar, durante a súa intervención na quinta Convención de Cargos Públicos do partido, celebrada esta mañá no colexio de Os Milagres coa asistencia de máis de 200 representantes municipais e militantes.
No “acto político máis importante do ano que sempre augura uns bos resultados electorais”, Manuel Baltar subliñou que o partido “sempre está en movemento, ao contrario que outras forzas políticas e ese é o noso gran segredo: ser políticos as 24 horas do día, facendo a cousas sen estridencia, xestionando os recursos públicos e pensando en clave de futuro”. E todas esas características, engadiu, “reúneas á perfección o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez”.
Baltar repasou algúns dos datos máis destacados da representación obtida tras as eleccións locais, como o feito de ser a terceira provincia de España en apoio electoral ao partido, os 75 concellos nos que goberna e as 61 maiorías absolutas, subliñando que de cada 10 concellos ourensáns 7 están gobernados polo PP. “E por suposto tamén a Deputación, a primeira institución pública de España en aprobar os seus orzamentos para o 2016”.
En clave de partido destacou a gran actividade órganica, coa celebración de 18 xuntas directivas, 72 congresos locais e as achegas de Ana Villarino e Jesús Vázquez no relatorio político do PPdeG.
Agora, apuntou Manuel Baltar, chegan unhas eleccións importantísimas nas que o obxectivo será revalidar o anterior resultado das xerais, con tres dos catro deputados e senadores en liza e seguir sendo a primeira provincia de Galicia en apoio ao PP e entre as mellores de España.
Feijóo, encargado de clausurar a convención de cargos públicos populares, iniciou a súa intervención manifestando que se abre un novo período que é preciso afrontar con forzas renovadas, conscientes das dificultades e preparados para superalas.
O PP, a diferenza doutros que tentaron ocultar a crise, foi quen de sortear os problemas e buscar solucións, “aínda que sabemos que o que fixemos foi fundamental pero non foi suficiente”. O partido, dixo, “non se para nin aínda cando non conseguimos os resultados que buscabamos e tampouco nos durmimos nos loureiros cando tivemos uns resultados máximos nos concellos”.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Los de la foto dan repelús a la inmensa mayoría de los habitantes de esta tierra

Anónimo dijo...

Al de las 9:17, no solo dan repelús, dan asco.Van perdiendo votos pero ellos felices.

Anónimo dijo...

Felices porque se lo llevaron crudo y están todos colocados, junto con su parentela y secuaces, en lo público. Pero yo de ellos no estaría tan feliz ya que la paciencia de la gente tiene un límite y los españoles somos muy dados a ir de un extremo al otro.

O FARAÓN dijo...

A ONDE IDES, ESTAMOS CONTENTOS..E FELICES
TEMOS A MAIORIA, EN OURENSE PROVINCIA E OURENSE CAPITAL,,
O OSTIÓN CONTAMOS CON IL, NAS XERAIS..PERO POR ISO O MORTADELO REPITE A ANA (NON, QUEDA COMA A JEFA DE GABINETE), ISO E UNHA TEORÍA MIÑA, O COLLARTE IGUAL REPITE.
A MADRID IRÁN OS QUE QUEIRA RAJOY
SABEMOS O RESULTADO ( O PP GAÑARÁ EN OURENSE), IGUAL CON 2 DIPUTADOS, PERO GAÑARÁ..
FACEDEME CASO

Anónimo dijo...

los votos del pp ya van en masa a Ciudadanos y al ver estas bancadas aun mas.Se les acabo el chollo.

Anónimo dijo...

Leites, Faraón, agora trocáches o nome. Gústame máis este que o que usabas antes.
O resultado das catalanas foi o mellor regalo para o Baltarín. Vai ser o rei de Ourense, cousa que non chegou a ser o seu pai; a este non hai quen lle tosa, nas xerais 3 e 3, non o esquezas.
322.000 habitantes, 115 pensionistas, repartidos nunha xeografía enorme, e .... a votar, todos en ringleira e co papeliño na man.
Sabes, o malo vai ser cando só queden el e os seus lamecús na inmensidade do territorio, que a este paso pouco falta.
Don Vito Baltarone, dixit.