viernes, septiembre 25, 2015

MIGUEL TELLADO NA DEFENSA DO NAVAL

Miguel Tellado, acusou ao BNG de “facer demagoxia utilizando a situación do sector naval da ría de Ferrol traendo iniciativas ao Parlamento galego de imposible cumprimento”. Así mesmo, Tellado lamentou que os grupos da oposición “estean en contra de impulsar a carga de traballo que supón a eólica mariña para os estaleiros ferroláns, como o demostraron votando en contra da iniciativa aprobada no pasado Pleno”.
Miguel Tellado criticou que o BNG, apoiado polos demais grupos da oposición, “traia a debate no Parlamento unha iniciativa que, en primeiro lugar, solicita articular un Complexo Integral do Naval na ría de Ferrol, aberto a todos os ámbitos de produción”

No hay comentarios: