martes, septiembre 22, 2015

FEIJOO E O SEU PATRIOTISMO

Feijóo, avanzou que a Xunta está a traballar nunha rebaixa de impostos que se fará, dixo, “con total intensidade”. Segundo precisou, trátase dunha das principais medidas coas que o Executivo autonómico quere afondar nun modelo de xestión centrado en trasladar os efectos da recuperación aos sectores produtivos e ao conxunto da cidadanía.
Na conferencia que pronunciou no almorzo informativo organizado por ‘Nueva Economía Fórum-Tribuna Galicia’, Feijóo asegurou que isto significa acompasar a xestión ao que a Galicia deste momento esixe, e que este proceso se concretará nas vindeiras semanas en convocatorias como o Debate sobre o estado da Autonomía ou a presentación dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2016. 
“O noso patriotismo consiste en baixar impostos, en abrir a nosa economía e en devolver os esforzos a aqueles aos que tivemos que pedirllos. Nin tivemos medo a gobernar a crise, nin imos ter medo agora a xestionar a recuperación con responsabilidade”

1 comentario:

Anónimo dijo...

"Probablemente"...depende de moitos factores. Non é unha promesa.