lunes, julio 20, 2015

V EDICION DA ESCOLA DE VERÁN "MIGUEL ANGEL BLANCO"

A quinta edición da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco" que se desenvolveu esta fin de semana na Casa de Cultura do Carballiño baixo o lema "Pola igualdade real", concluiu esta mañá sentando as bases que deben acadar as políticas para establecer os mecanismos. Este foro de debate e análise da actualidade, adícase cada ano a un tema que sirva como eixo para o deseño de futuras políticas transversais.
A xornada de hoxe comezou cun relatorio titulado "A trata de seres humáns con fins de explotación sexual en España", a cargo de Marta González Vázquez, que foi presentada por Ana Belén Vázquez Blanco.
Marta González recalcou que ningún partido como o PP de Ourense mantén unha sensibilidade igual cara a igualdade, lembrando que "é a provincia á que máis vin a falar deste tema, algo polo que teño que felicitar ao PP de Ourense a María Antonia Rilo, coordinadora de Igualdade, que sempre está preocupada e organizando actividades neste ámbito".
Marta González recalcou que a trata de persoas é un fenómeno que se ve alleo, "só temos que abrir os ollos para ver que está, desgraciadamente, ao noso redor". Explicou a diferencia entre o tráfico (cando unha persoa paga voluntariamente a unha mafia para que os trasladen de territorio de xeito ilegal) e a trata de persoas, onde non hai vontade da persoa ou ten sido enganada. As fins da trata se centran na prostitución, pero tamén con outras formas de esclavitude, como a trata de menores con fins de mendicidade. O modelo de trata que máis se da en España é o que ten fins de explotación sexual, tal e como recalcou Marta González, motivo polo cal é un tema que no que se está traballando no Congreso dos Deputados, co fin de darlle unha solución no noso sistema, xa que é un problema moi complexo debido a que implica sempre a varios países cada caso. É un problema cunha dimensión inmensa que require unha lexislación internacional. Marta González concluiu afirmando que o único xeito para poñer freo á trata de persoas, é imprescindible erradicar a prostitución, co fin que as relacións sexuais entre persoas sexan libres e igualitarias sempre.
O encargado de clausurar a V edición da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco" foi Manuel Baltar.
Manuel Baltar lembrou que a escola de verán foi unha proposta súa dende o Congreso Provincial de 2010 e reivindicou a súa importancia para o debate, a formación e a participación política. E como non, o recordo ao edil popular con orixes ourensáns asasinado en 1997.
Con respecto á temática deste ano, a igualdade real, Mauel Baltar reinvindicou que dende o PPOU é unha máxima que se leva no día a día, cun comité executivo no que se potencia o papel da muller e onde a igualdade é clave no deseño das políticas do PP de Ourense.
Manuel Baltar agradeceu o compromiso coa igualdade de María Antonia Rilo, coordinadora da escola de verán, e tamén o traballo do PP local do Carballiño, que leva cinco anos organizando este evento. Asimesmo, anunciou que o PPOU recabará as propostas que trasladen os afiliados para centrar o tema da próxima Escola de Verán, co fin de potenciar máis o papel das persoas dentro do PP de Ourense. "Vós facedes o Partido Popular de Ourense", concluiu o presidente provincial.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran iniciativa, consolidada en pleno mes de julio, en Ourense. Y recordando la memoria del concejal asesinado.

Anónimo dijo...

Relación sexuais libres e igualitarias.... Nivelaso de discurso progre. Más de uno tendría que pasar de irse a los "clubes" de la provincia. E logo falamos.