lunes, julio 06, 2015

NN.XX. TEN QUE DECIR TAMEN NA PONENCIA POLITICA

O presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, salientou a necesidade do PPdeG de ter maior proximidade e sensibilidade cos cidadáns na presentación das propostas encamiñadas á renovación ideolóxica do PPdeG, no marco de reunións mantidas polo partido na configuración da Ponencia política.
Na súa comparecencia en rolda de prensa, Gago considerou que, en ditas propostas, se recollen as medidas de cambio máis urxentes que demanda a sociedade, fundamentalmente no ámbito social, económico e político.
O establecemento de primarias nos vindeiros procesos congresuais, a estandarización dunha persoa un cargo, así como recuperar a proposta da redución dos deputados, deben pórse en marcha de forma inminente segundo o presidente de Novas Xeracións.
Así mesmo, tamén falou da modificación da Lei Electoral en prol de que goberne a lista máis votada cando un partido obteña un 40% dos votos e, no caso de non ser así, se estableza un sistema a dobre volta cos dous partidos con maior apoio.
No aspecto ideolóxico, Gago cre que a corrupción política segue a pasar factura, polo que resulta fundamental que Feijóo, continúe abandeirando a tolerancia cero e esixindo un comportamento exemplar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Con representantes así, no me extraña que la gente deje de militar en NNXX y no vote al PP... Enhorabuena Gago por el apoyo masivo de los jóvenes a la lista en la que ibas de nº2! Seguir así!