lunes, julio 20, 2015

NIDIA E MOLDES VOCEIROS DO PP NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Rafael Louzán presentou os deputados populares na Deputación. Louzán excplicou que os voceiros serán, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Ángel Moldes, presidente e voceiro do PP de Poio.
Louzán destacou ademais que hai un grao de renovación do 66% con respecto a anterior lexislatura. "O grupo provincial do PP é de renovación, e sen dúbida esta formación enriquécese coas novas adhesións de persoas que, sen ter mantido nunca unha relación ca Deputación, teñen unha grande experiencia política a nivel municipal e autonómico".
Louzán criticou ademais ao novo bipartito que comporá a partir de mañá o Goberno Provincial. "Os que presentan un pacto para as deputacións son os mesmos que levan anos dicindo que hai que baleirala de contido e pechala e a diferenza con nós é, que o PP é o único partido que cre na continuidade da Deputación".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Fracaso estrepitoso. Por cierto, los que os ríais de Cuiña qué? Desaparecidos?? Jajaja!!!