viernes, julio 17, 2015

HOMENAXE A SUAREZ CONDE

O PP de Monterrei ten organizada unha comida homenaxe ao que fora alcalde de Monterrei nos últimos 34 anos, e que ademáis ostenta o cargo de presidente de honra do PP neste municipio, José Luis Suárez Conde.
Con esta homenaxe, os afiliados, militantes e simpatizantes do PP de Monterrei queren agradecerlle a José Luis Suárez Conde a súa adicación, entrega e traballo a prol dos veciños e veciñas do municipio, que sempre lle manifestaron a súa confianza e respaldo contundente en todas as eleccións municipais dende o ano 1981.
A comida homenaxe será o vindeiro domingo, 19 de xullo, no restaurante Brasil de Verín. Todos aqueles afiliados, militantes e simpatizantes que desexen asistir, deben retirar a súa entrada na sede do PP de Monterrei, que ten un prezo de 30 euros.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi merecido. Traballador incansable!

Anónimo dijo...

Moi merecido

Anónimo dijo...

moi merecido