lunes, julio 06, 2015

ELENA CANDIA CON TODO O APOIO DO PP DE LUGO

Xosé Manuel Barreiro, en declaracións aos medios de comunicación, antes de presidir a reunión da Xunta Directiva Provincial, asegurou que a nova presidenta da Deputación, Elena Candia “ten o apoio de todo o partido en Lugo” e Candia “emprendeu xa unha nova etapa á fronte do Organismo Provincial. Unha etapa que se vai caracterizar pola transparencia e a atención igualitaria a tódolos concellos, independentemente da súa cor política. Isto é xusto o que non facía o Sr. Besteiro, que só axudaba aos concellos socialistas. Agora a Deputación deixará de ser unha ferramenta ao servizo da carreira política de Besteiro para centrarse no que realmente importa, que é servir aos cidadáns”.
Barreiro referiuse tamén ás declaracións de Besteiro afirmando que a Elena Candia lle podían quedar poucos días á fronte da Deputación: “ese tipo de avisos están fóra do bo facer político e só poden ser froito do resentimento de quen non sabe admitir a derrota”.  “O Sr. Besteiro non quere asumir que o único responsable do acontecido é el. Está nervioso ante a situación de interinidade que vive agora dentro do seu propio partido e os lucenses non temos por qué pagar as liortas internas do PSOE”.

No hay comentarios: