viernes, julio 03, 2015

BELEN CACHAFEIRO DEPUTADA PROVINCIAL

A única acta de deputado coa que conta o partido xudicial da Estrada e que lle corresponde ao PP por número de votos, será ocupada por Belén Cachafeiro Anta. A alcaldesa de Forcarei sera ratificada na xunta electoral de zona, co voto dos concelleiros populares dos 3 municipios que conforman este partido xudicial, Cerdedo, A Estrada e Forcarei.
A nova deputada provincial substituirá no cargo, unha vez que se constitúa a corporación provincial, a José López Campos, alcalde da Estrada e actual representante deste partido xudicial na Deputación.
Os 3 suplentes que completan a lista popular son: o actual deputado da Estrada, José López Campos, o alcalde de Cerdedo, José Balseiros Guinarte, e Juan Manuel Constenla Carbón, número catro da Estrada. A próxima semana designaranse aos deputados dos 6 partidos xudicias restantes.

No hay comentarios: