viernes, julio 03, 2015

BALANCE DO TRABALLO NA PONENCIA POLITICA

A Ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil tras máis de 30 reunións con asociacións e colectivos de todo tipo que quixeron achegarse á formación para ofrecer ideas, suxerencias e críticas construtivas.
As consignas de apertura e contacto directo coa sociedade presiden o traballo do equipo redactor nesta etapa de elaboración da Ponencia. De feito, durante estas semanas percibiron o interese da cidadanía galega por participar nesta nova etapa do PPdeG.
Así, o PPdeG percibe este contacto intenso como algo que debe trascender desta fase de elaboración da Ponencia Política para manterse no tempo a partires de agora.
En canto ás reunións mantidas por membros do equipo redactor, podemos diferenciar dous tipos: aquelas que están a ter lugar con colectivos e ás que se celebran cos representantes do partido nos diferentes partidos xudiciais.
No tocante ás reunións con colectivos, que se continúan producindo, lévanse celebradas máis de 30 nas catro provincias. De feito, a día de hoxe, os membros do equipo redactor xa puideron escoitar as achegas de colectivos tan diversos como son colectivos de xornalistas, ecoloxistas, asociacións de deportistas, de vítimas de accidentes, de persoas que padecen algunha discapacidade, de representantes sindicais ou mesmo de xente do ámbito da cultura.
No ámbito interno, os membros do equipo redactor asistiron a reunións con representantes do partidos da práctica totalidade dos partidos xudiciais galegos.
Ademais, os membros do Grupo Parlamentario Popular de Galicia canalizaron ao equipo redactor as súas achegas. Deste xeito, todos os estamentos do partido e dende todos os ámbitos territoriais están trasladando ao equipo de redactores a súa visión e as súas ideas para mellorar o presente e o futuro do PPdeG.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Reuniones con colectivos, aportaciones múltiples, recepción de nuevas ideas, necesidad de cambio ... bla bla bla.
Apuesta de futuro para un nuevo Pp.
Traducción de esa renovación y lectura de lo que la sociedad ha manifestado en el Pp de A Coruña Carlos Negreira y Agustin Hernández diputados provinciales.
Animo ... se observa una lectura concienzuda de los que la sociedad ha manifestado.
Creo que la ponencia, el bla bla bla y nombramientos como los indicados anteriormente solo van a confluir en un único sentido: fiasco total del Pp en A Coruña que generará un incrento notable para Ciudadanos en las próximas elecciones nacionales.
Teófilo Martinez

Anónimo dijo...

se les ve que están por vocación!!!! jejeje, todos ellos renunciaron a sus actas de concejales en la oposición, para reincorporarse a sus plazas de funcionarios, porque sabían que con los de las mareas van a ganar menos que en sus plazas de funcionarios.......curioso

vivan los concejales de coruña y santiago, todo por la pasta.

Anónimo dijo...

ya termino la censura?