lunes, julio 13, 2015

A ENQUISA DE CELESTE-TEL PARA EL DIARIO

Unha enquisa de Celeste-Tel para El Diario sinala un repunte do bipartidismo, cun PP que se mantería como primeira forza da Cámara, obtendo entre 133 e 135 deputados e o 30,7% dos votos; e un PSOE que malia baixar en porcentaxe de apoios (de 29,2 ao 27,4%) aumentaría en escanos, pois pasaría dos 110 de hai catro anos a ter entre 118 e 123, segundo este traballo feito en base a 1.100 entrevistas.
Podemos sería a terceira forza, cun 13,3% dos apoios, o que se traduciría nun abano de entre 33 e 37 parlamentares, unha cifra inferior á que lle daban enquisas e sondaxes en meses anteriores e que apontaban a que superaría a barreira dos 50 deputados. Ciudadanos obtería entre 20 e 21 parlamentares.
Izquierda Unida pasaría dos 11 escanos que ten agora a entre 3 e 5, o con posibilidades de perder o grupo parlamentar. Peor aínda se lle presenta o panorama a UPyD que, en base a esta sondaxe, ficaría fóra do Congreso. A sondaxe outorga o BNG o 0,7% dos votos e entre 1 e 2 deputados.

No hay comentarios: