lunes, junio 22, 2015

XUNTA DIRECTIVA DO PPOU CON ANA PASTOR

Celebrouse a 18ª Xunta Directiva Provincial dos últimos 27 meses. Presidida polo presidente provincial e o secretario xeral, Manuel Baltar e Rosendo Fernández, respectivamente, a reunión  contou coa presencia da ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, que se desplazou á sede dos populares ourensáns tras rematar o encontro institucional que mantivo no Concello de Ourense co alcalde, Jesús Vázquez Abad, quen tamén participou na Xunta Directiva.
Ana Pastor amosouse agradecida pola súa acollida en Ourense e agradeceu ao PPOU o seu intenso traballo, recalcando que os resultados electorais acadados o pasado 24 de maio "puideron ser mellores, pero sen dúbida foron os mellores". De feito, recalcou que no caso de Ourense, "temos sorte co noso presidente. Manuel Baltar confía nas institucións e ve fundamental a Deputación para o desenvolvemento dos concellos, algo que é incuestionable". Por elo, pediu manter a confianza no partido "e demostrar que somos bos xestores. Debemos pensar en todo o que fixemos e en explicar moi ben o que estamos a facer", lembrando neste senso o esforzo inversor realizado dende o Ministerio de Fomento con Ourense, cercano aos 2.600 millóns de euros para a chegada da Alta Velocidade, unha "oportunidade histórica que non debemos esquecer", recalcou Ana Pastor.
Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou que a actividade orgánica do PPOU continúa activa, como é habitual, "porque a sala de máquinas nunca para", dixo, "e xa estamos traballando para a vindeira campaña das Eleccións Xerais", anunciando tamén que próximamente se retomarán os 20 congresos locais que restan por celebrarse (celebráronse 72) e que, como cada mes de xullo, terá lugar a Escola de Verán Miguel Ángel Blanco, que este ano xirará en torno á Igualdade e estará coordinada por María Antonia Rilo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

El tren rápido es el gran negocio de estos dirigentes. Pero en epoca de crisis es un exceso de velocidad

Anónimo dijo...

En Galicia estamos hasta los mismísimos por estas declaraciones de catalanes y otras especies, que nos quieren discriminar de manera alevosa. Si otras partes de España tienen AVE, nunca Galicia se opuso a ello. Por tanto, ahora LO EXIGIMOS.

Anónimo dijo...

En Galicia estamos hasta los mismísimos por estas declaraciones de catalanes y otras especies, que nos quieren discriminar de manera alevosa. Si otras partes de España tienen AVE, nunca Galicia se opuso a ello. Por tanto, ahora LO EXIGIMOS.