jueves, mayo 21, 2015

UN GOBERNO DE ESQUERDAS SIN OROZCO, OU UN GOBERNO DO PP

Jaime Castiñeira reivindicou no mitin central do PP en Lugo o seu “contrato público cos lucenses” fronte ao “acordo secreto” de Orozco con Besteiro “para irse correndo ao Senado” ao día seguinte das eleccións municipais.
Durante a súa intervención, no que tamén participaron  Feijoo, Xosé Manuel Barreiro,  e a Ministra de Emprego, Fátima Báñez, Jaime Castiñeira desgranou os dez compromisos do seu “contrato”, “centrado na creación de emprego e en mellorar a atención ás persoas”. Así mesmo, reiterou que dimitirá se dentro de catro anos non ten cumprido alomenos un 90% deste decálogo de medidas, ás que tamén incorporou o rural “cun tratamento concreto e específico porque as parroquias teñen as súas necesidades concretas e específicas”: o remate do PXOM, a mellora das condicións das pistas ou máis servizos para o rural como saneamento e telefonía móbil.
“É un contrato blindado cos lucenses que estou seguro de que moitos veciños asinarán este domingo co seu voto nas urnas”, asegurou o candidato popular, quen recoñeceu que “sei que a palabra dos políticos hoxe non vale moito, pero aprendín da miña familia a ser honrado e que unha persoa vale o que vale a súa palabra”. Castiñeira contrapuxo este “contrato público” co “acordo secreto” de Orozco e Besteiro, que o propio candidato socialista admite implicitamente nunha entrevista publicada hoxe en El Progreso: “é Orozco quen se autodescartou para gobernar a cidade hoxe nunha entrevista, xa que nin sequera el mesmo se inclúe entre as dúas posibilidades que indicaba: ou un goberno de esquerdas sen el ou un goberno do PP”.
Castiñeira asegurou tamén que “estamos a cinco días de facer xustiza e de facer historia”: xustiza “porque é o momento de valorar os 16 anos de Orozco e onde nos situaron a Lugo nos informativos nacionais polas imputacións por corrupción, polos enchufes que recoñeceu, polos sobornos do señor Liñares ou pola folga de lixo máis longa”; e historia “porque xuntos conseguiremos recuperar a alcaldía para o PP e para que Lugo recupere a súa boa imaxe”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Canta máis transparencia haxa, mellor. Pero que o Partido Popular critique a presencia dun Alcalde no Senado, non é demasiado intelixente. Ou é que non hai Alcaldes do PP no Senado?.