martes, mayo 19, 2015

ROMERIA POPULAR DO PP DE CERVO

O pavillón de San Román acolleu este fin de semana a máis de 200 persoas na tradicional romería popular que organiza o PP de Cervo.
A convidada de honra este ano foi Beatriz Mato, quen xunto ao número dous do PP de Lugo e da candidatura popular de Cervo, José Manuel Balseiro e o candidato á alcaldía, Alfonso Villares, interviron nun mitin despois do xantar.
Mato, Balseiro e Villares pediron o voto para o PP por ser “o único partido que demostrou durante estes anos un gran compromiso con Cervo” e proba diso, dixeron, vese no esforzo inversor a pesar da crise.
Neste senso, os populares puxeron en valor a construción da residencia e centro de día en San Ciprián; unha infraestrutura na que se investiron 1.9 millóns de euros para a súa total construción. Lembraron que o 94% do custe foi asumido pola Xunta e o 6% polo concello.
Non pasou desapercibido nas intervencións dos tres mandatarios o anuncio da empresa Stolt Sea Farm, quen confirmou días atrás un novo investimento de 24 millóns de euros no municipio para ampliar as instalacións que neste intre ten en Cervo. Dita empresa, lembraron, aposta por dúas especies, rodaballo e linguado, que non compiten co peixe pescado pola frota local. Salientaron ámbolos tres populares que se crearán 75 novos postos de traballo na localidade.
Titular de Traballo e Benestar Social, secretario xeral do PP lucense e candidato remataron o acto insistindo en que o vindeiro día 24 de maio é necesario acudir as urnas e depositar a papeleta popular na urna para continuar na liña emprendida de facer cousas por e para Cervo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

jastronomía político-cultural-folclórica para os vellos.