jueves, mayo 21, 2015

PIDINDO O VOTO A MAIORIA DOS GALEGOS

Feijóo pediu o voto da maioría de galegos que queren gobernos desde o primeiro día e non perder tempo e diñeiro con enfrontamentos e divisións.
Neste senso, fixo fincapé en que os populares propoñen gobernos unidos, sólidos, cohesionados que funcionen desde o primeiro día e que desde o primeiro día non se dediquen a outra cousa que a cumprir co seu deber.
Do mesmo xeito, Feijóo engadiu que desde o primeiro día non se pode perder un minuto noutra cousa que non sexa combater as consecuencias da crise e crear oportunidades, en lugar de perder o tempo quitando bandeiras españolas e poñendo caixas de cartón para votar referendums de independencia. Ademais, cre que o que cumpre facer desde o primeiro momento é atender aos veciños e buscar os mellores servizos sociais e non poñerse ao servizo dunha ideoloxía ou dun ego.
Así se expresaba no mitin do PP de Ponteareas, onde estivo acompañado polo candidato á Alcaldía, Salvador González Solla. Alí, Feijóo facía fincapé en que non están as cousas para andar perdendo o tempo e o diñeiro e, nesta liña, lembrou que non houbo gobernos que perderán máis o tempo que os de coalición de esquerdas e nacionalistas nin houbo gobernos que perderán máis o diñeiro que os xestionados polos socialistas.
Como recordou, Galicia e España non o aceptaron e por iso decidiron cambiar o Goberno por outro que, como o actual, está tentando recuperar, grazas ao esforzo e o apoio da xente, o diñeiro e o tempo perdidos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

por pedir que non seña, jajaja ahora choras....

Anónimo dijo...

Nunha democracia, a petición de voto é fundamental. Xunto con esa petición, tamén hai que explicar que é o que se fixo e aquelo que se quere facer. Porque o/a votante é soberano e dono dese voto.

Anónimo dijo...

Malo es el no saber lo que hizo y tambien lo que no hizo , por eso le pongo un suspenso bien grande , hasta ahora fueron de faroleros donde podían decir cuanto quisieran , espero pasen estas historias a otra mejor vida

Anónimo dijo...

Que labia ten !!!