lunes, mayo 11, 2015

OS CANDIDATOS DE NN.XX. DE LUGO

José Manuel Barreiro, mantivo esta fin de seman un encontro con tódolos mozos da provincia que figuran nas candidaturas do PP e que non superan os 31 anos. 
Na praza maior lucense, Barreiro puxo en valor o traballo desenvolvido por NN.XX.  ao longo de toda esta lexislatura, unha labor dixo, que foi premiada pola meirande parte dos candidatos da provincia posto que as principais incorporacións nas listas foron de persoas novas. “Temos candidaturas como Chantada, Cervantes ou Trabada, que están formadas por persoas de menos de corenta anos” lembrou Barreiro, quen ve nestes feitos a clara aposta do PP pola mocidade.
Barreiro manifestou que os mozos son clave para o partido, posto que, ademáis de ser o futuro da agrupación, transmiten as inquedanzas, demandas e peticións da xuventude.
Pola súa banda, o presidente provincial de NN.XX, Daniel Vega, explicou o traballo desenvolvido pola agrupación xuvenil nestes catro anos. “Rematamos unha lexislatura cos deberes feitos e co exame aprobado" e deu conta de tódalas constitucións de NN.XX a nivel provincial, do percorrido pola provincia, das xuntanzas cos diferentes sectores estratéxicos… Vega manifestou que os mozos que hoxe pertencen a Novas Xeracións están formados, preparados e cun posto de traballo, polo que deixou claro que se incorporan á política co único obxectivo de servizo público.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Increíble que el lameculos de Daniel Vega "el pirata" siga siendo Presidente de nada... Así os va..

Anónimo dijo...

pero que leches hace Ameijide en NNGG? un trapas que pasó del puesto 13 al 4, coord de campaña y si nadie lo remedia portavoz el en concello de lugo, un tipo que su unico mérito ha sido lamer culos y poner copas.
Luego os extraña que la gente no nos vote