martes, mayo 12, 2015

MANUEL BALTAR QUERE DEBATIR

Manuel Baltar, pide un debate co resto de candidatos a presidir a institución provincial, pero "é como clamar no deserto porque, aparte de que ninguén sabe quenes son, os partidos políticos que temos enfrente non teñen un proxecto integral para a provincia de Ourense". Neste sentido, Manuel Baltar defende que o voto ás candidaturas populares dos 92 municipios da provincia de Ourense "é un sufraxio dobremente útil, pois conforma dous gobernos: o local e o provincial".Manuel Baltar  conclúe asegurando que "estaría encantado de confrontar programas, ideas e proxectos en clave provincial. Pero non coñezo ningún nin tampouco a quen os poida defender".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Nada oye, el Nene Baltar tenía que haber ido al debate de la Telegaita del que se escaqueó Jesusito

Anónimo dijo...

El gesto del que está al lado habla por sí solo.