martes, mayo 05, 2015

JESUS VAZQUEZ O CANDIDATO DO BENESTAR DAS FAMILIAS

O benestar das familias será un dos piares fundamentais do modelo de cidade de Jesús Vázquez. Ese benestar se sustenta en gran parte no ocio e nas infraestruturas que o posibilitan dun xeito inclusivo, seguro e de calidade.
Por este motivo, entre as suas propostas de goberno  contempla a creación do primeiro parque infantil cuberto da cidade, dentro dun plan de melloras dos parques da cidade, no que tamén se inclúen os biosaudables xa existentes. Esta equipación cuberta permitirá o seu uso independientemente das condicións meteorolóxicas existentes na cidade. "Trátase dunha medida que nos transmitiron moitas familias e colectivos de nais e pais, e nos parece moi importante para o ocio dos máis cativos de Ourense".
Tampouco se esquece Jesús Vázquez das persoas con discapacidade no seu deseño dun Ourense integrador e sen barreiras. Por iso, promoverá a integración de equipamentos para persoas con discapacidade, avanzando na consecución de parques inclusivos na cidade, "porque todos os nenos teñen dereito a xogar en igualdade de condicións, e é obriga da administración dar as máximas facilidades para que as barreiras non existan entre rapaces".
Por último, no tocante ao ocio das familias, o candidato popular non quere deixar ao marxe a eses membros de moitas familias que merecen ter espacios acondicionados para o seu uso e disfrute en harmonía co resto de usuarios de zonas recreativas: as mascotas. Por iso, e porque é unha demanda cada vez máis creciente e que lle transmitiron moitos propietarios de mascotas, Jesús Vázquez contempla no seu programa de goberno habilitar parques con zonas especiaialmente acondicionadas para mascotas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa se viu cando foi conselleiro de educación.

Anónimo dijo...

Yo alejaría a esos niños de ahí. (por si les da con el martillo, digo).