martes, mayo 19, 2015

FREAR OS RADICALISMOS

Feijóo, cre que a maioría moderada de Galicia non lle dará ao PSOE a opción de entregarlle concellos aos partidos radicais.
Así expresabase Feijóo no mitin do PP de Meira, onde estivo acompañado polo candidato á Alcaldía, Ramiro Pérez Freijo, e tralo que acudiu a Pol para amosar o seu apoio á candidata popular Ángeles Lenza. Alí, Feijóo reiteraba a importancia do voto, sinalando que foi con el como os cidadáns expresaron o que lle importaba a Galicia e a súa vontade de iniciar un proxecto reformista na comunidade e en España. Nesta liña, lembrou que será tamén a través del como se poida lograr que se siga progresando e como se poderá evitar que se tente rachar con todo.
Como incidiu, co seu voto, os cidadáns apostaron por gobernos estables en Galicia e España e será con el como os elixirán tamén para os concellos, para que non gobernen ata seis partidos diferentes ao mesmo tempo. Do mesmo xeito, sinalou que a través do voto poderase evitar que volvan as imposicións e que unha terra moderada sexa entregada aos radicalismos.
Nesta liña, fixo fincapé en que o que decide que gobernen uns e outros non é o azar, nin a casualidade, senón o voto, por iso convidou aos alí presentes a que o vindeiro domingo voten con claridade e polo que importa.

No hay comentarios: