miércoles, mayo 13, 2015

FEIJOO DE CAMPAÑA POR A MARIÑA

A Mariña é unha das comarcas máis visitadas por Feijóo galegos nesta campaña electoral.
A aposta de Feijóo pola zona norte da provincia de Lugo é tal que o vindeiro venres, día 15 de maio, e sábado, día 16, volverá a visitar a zona para arroupar aos candidatos populares dos concellos de Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto.
Na vila focense, dará un paseo xunto a José Manuel Barreiro, a José Manuel Balseiro, e con o candidato á alcaldía, Javier Jorge Castiñeira e demáis integrantes da candidatura do PP de Foz. Tamén estarán presentes nese percorrido, varios representantes políticos da comarca.
Logo do paseo por Foz trasladaranse ao Concello veciño de Ribadeo. Aquí Feijoo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e demáis representantes políticos arrouparán ao candidato popular, Jesús López Penabad, nun xantar-mitin que terá lugar no restaurante “El huerto”.
Con respecto á xornada do sábado, Feijóo participará nun mitin en Mondoñedo xunto a José Manuel Barreiro e a candidata popular, Elena Candia. Será ás 12:30 na Casa da xuventude. Ás 14:00 horas, Feijóo e dirección provincial lucense, acudirán a Riotorto para arroupar ao candidato, Clemente Iglesias, nun mitin que se celebrará no Centro sociocultural da vila.

No hay comentarios: