miércoles, mayo 20, 2015

CHAMAMENTO OS VOTANTES DO PSOE

Feijóo propón unha coalición aos votantes do PSOE que rexeitan que o seu partido entregue os gobernos a Podemos, prefiren seguir avanzando desde a unidade e queren que o seu partido faga autocrítica e recupere o criterio.
Neste senso, Feijóo lembrou tamén que esa coalición entre votantes do PP e os votantes do PSOE foi máis aló dos partidos ao longo da historia. Como destacou, esa coalición está na Transición, na Constitución, no Estatuto, constituíndo a guía de convivencia unida que quixo a maioría e que as minorías rexeitan.
Feijóo lamentou que o PSOE xa non sexa o PSOE e se convertese simplemente nun grupo que vai deixarse facer por Podemos ou vai deixar facer a Podemos nos gobernos. Por iso, non lle sorprende que cada vez máis votantes se lle vaian directamente á formación de Pablo Iglesias.
Pero fronte a estes votantes socialistas que se decantan pola extrema esquerda, Feijóo tivo en conta tamén aos votantes socialistas que non votarán porque non queren entregar a súa papeleta a Podemos e aos que, cada vez menos, quedarán no PSOE, entregando os gobernos ao extremismo ou ao nacionalismo.
É precisamente a estes votantes do PSOE a quen se dirixiu Feijóo, para lembrarlles que poden decantarse polo centro e apostar polos proxectos dos populares e os gobernos para todos que propoñen.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hasta resulta gracioso... ver que no salen las cuentas y recurrir a los rojos... el mundo al revés!!!
Hay que trabajar mas y salir mas de los despachos, pero todo el año, no quince días.

Anónimo dijo...

Si ya lo reconoció el mismo...que había votao a Gonzalez...