martes, abril 07, 2015

XESTORA E NOVA SEDE LOCAL NO PP DE A GUARDA

O PP da Guarda conta cunha nova xestora formada por quince persoas que combinan novas incorporacións con ex concelleiros e persoas históricas do partido. A candidata Conchi Ortega é a presidenta da formación local, que contou co apoio de Rafael Louzán para presentar a nova xestora e participar na inauguración da nova sede local, situada na rúa Agustín Nandín Lomba, número 2.
Xunto a Conchi, estará como secretario Alberto González Vicente, ex candidato á alcaldía. A lista a continúan Juan iglesias Iglesias e Manuel González Vaquero, que formaron parte da xestora anterior e son dúas persoas historicamente relacionadas co partido; Óscar Alonso Álvarez; Roberto Álvarez Carrero; Jose Manuel Lorenzo; Ángela Ferreira Pérez, membro de Novas Xeracións e da anterior xestora; Diego González Martínez, candidato nas pasadas eleccións a Alcalde pedáneo e membro da xestora anterior; Camilo Manuel Fernández Pérez; Hortensia Vicente Santiago, concelleira do PP; Jose Ramón Vicente; María Jesús Martínez Martínez; Jose Manuel Silva Vicente, ex tenente de alcalde; e Mari Carmen Cerqueira.
Durante a presentación da nova xestora tamén aproveitaron para inaugurar a nova sede local, que será o punto de reunión e de encontro do partido no concello e servirá para estar aínda máis preto dos veciños e das veciñas, para que fagan chegar as súas suxerencias, as súas queixas, ideas e proxectos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Los que valen y los que cuentan son los del PP de siempre en A Guarda, que son los que recibirán nuestros votos.