viernes, abril 24, 2015

VODEVIL DO BNG EN AVION

A ocurrencia do BNG escenificada en Avión, ríndose da democracia ao enviar como paracaidista ao que queda do que un día foi a forza nacionalista de referencia en Galicia, non supuxo só un desprezo aos veciños e veciñas do municipio de Avión, senón que evidencia unha grave falta de respeto cara a propia militancia do BNG neste concello.
Así o expón Manuel Baltar, quen abunda en que o paupérrimo vodevil protagonizado polo profesor Xavier "Perde" supuxo "un desprezo sen precedentes cara quen defendeu as siglas do Bloque Nacionalista Galego na Corporación Municipal de Avión dende hai seis anos. E todo foi por arañar un mísero titular, froito da brillante política de salón exercida por quen lidera a Executiva Nacional desta formación, Xavier Vence, que cada día é máis "Perde" ca nunca".
Almudena Valiñas Conchouso, única concelleira do BNG en Avión dende 2009, publicou esta mañá no seu perfil de Facebook un comunicado que non deixa lugar a dúbidas e ratifica o desprezo ao que fai referencia o presidente provincial dos populares ourensáns.
O comunicado, di textualmente:
Eu, Almudena Valiñas Conchouso, como concelleira que exercía do BNG de Avión, ante a lista de protesta presentada polo Bloque Nacionalista Galego, encabezada por Xavier Vence, expoño:
1. Paréceme unha falta de respecto cara os veciños do Concello de Avión a candidatura presentada polo BNG dende a Executiva Nacional.
2. Dita lista non foi aprobada polo Consello Comarcal do Ribeiro nin consensuado cos militantes do BNG de Avión.
3. No Concello de Avión non se presentou unha lista do BNG non por extorsións a ningún dos seus militantes nin simpatizantes, senón que é a apatía que existe cara á política no noso concello, cómpre salientar que o Partido Popular que leva gobernando máis de 30 anos consecutivos, presenta unha lista sen suplentes.
4. Dende o ano 2009 que exerzo como concelleira do BNG en Avión non se exerceu sobre mín ningún tipo de extorsión por parte do grupo municipal do Partido Popular.
5. Con data de onte, comuniquei a miña baixa no Bloque Nacionalista Galego.
Ante iste comunicado, Manuel Baltar lamenta a actitude dunha formación política que xoga non só coa propia democracia, senón que como parte dese xogo absurdo despreza aos electores ourensáns e ao traballo de quen defendeu as súas siglas durante anos no Concello de Avión. E lembra que xa onte advertiu Baltar Blanco que "este esperpento define claramente o estado putrefacto do BNG: todo o mundo o abandona".

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ademáis dos tics dictatoriais do nacionalismo (xa sabemos todos o que significou o nacionalismo en Europa, especialmente no século XX), impoñendose a sí mesmos ir nunha lista, desprezando deliberadamente o traballo de quen asumiu a representación do BNG en Avión, agora ampáranse na suposta "presión" ou "chantaxe" do PP para non ser capaces de presentarse en varias dúcias de concellos de Galicia. A incopentencia é manifesta e ademáis, deberán preguntarse os responsables do BNG (Vence e compañeiros mártires, sociedade limitada) qué ten feito en Galicia e qué ten deixado de facer, para que a cidadanía non queira ir nas súas listas. A pregunta que hai que facerse é a seguinte: ¿Vai a ser concelleiro de Avión o Sr. Vence, no suposto de que o BNG acade os votos suficientes?. ¿Vai a desprezar máis unha vez á cidadanía, rexeitando tal posibilidade?.

Anónimo dijo...

Lo del Vence y sus chicos es para nota. En franca desaparición, y no es para menos. Adiós, "bloquiño", adiós.

Anónimo dijo...

Son cientos los asuntos que han terminado en tragedia en Europa, con base en los nacionalismos. Y ahora, algunos quieren hacernos creer que en ellos está la solución a muchos problemas. No son la solución, sino que siguen siendo el problema. Además, tienen muy poca cultura y muy poco conocimiento de la historia, haciéndonos ver a los demás lo que sólo ellos tienen en su imaginación. Desde luego, en Galicia, el paso del BNG por el gobierno de la Xunta (asociados al Socialismo de Touriño), ha sido una magnífica vacuna para poner a cada cual en su sitio, y para demostrarle a los ciudadanos que con ellos no se va a ninguna parte. Por eso, su retroceso en municipales el 24-M va a ser apoteósico.

Anónimo dijo...

El Bloque, que en los años 80 renunció a la lucha armada como estrategia (no como procedimiento deplorable de violencia inaceptable), y que uno de sus mejores símbolos (Beiras) ha seguido utilizando la violencia verbal y desde luego la física (golpeando el escaño de un Diputado que, además, es el Presidente de la Xunta), está en horas bajas. Tan bajas que parecen ya las horas terminales de un grupo que ha pretendido insultar, siempre que ha podido, a los ciudadanos, al considerarlos analfabetos, torpes, ignorantes, etc., por no votar sus siglas. Ahora tendrán la oportunidad en Avión de reconocerles a los votantes que tienen razón, al negarles el voto a ellos y dárselos a los de siempre. A los que, con respeto, siguen haciendo país sin presumir de ser los únicos.

Anónimo dijo...

El Bloque, en estas municipales, se llevará una gran "Jorpresa", y creyéndose Vence-dores, acabarán una vez más, Venc-idos. Ya han empezado a considerarse así, al no ser capaces de incrementar los ayuntamientos en los que se presentan.