martes, abril 21, 2015

TENDENDO PONTES COS VECIÑOS

Apasarela peonil sobre o Lérez foi este sábado escenario da presentación pública das persoas que conforman a lista íntegra coa que Jacobo Moreira concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.
"Unha obra realizada polo Partido Popular que simboliza a filosofía deste equipo que hoxe presentamos: tender pontes cos veciños desta cidade e con todas as Administracións para traballar en positivo por Pontevedra"
A pesar de que a climatoloxía non acompañou, o equipo de Jacobo Moreira reuniuse para realizar a tradicional foto de familia, "nos mollaremos por Pontevedra, imos dar a volta aos problemas que sofren os veciños da nosa cidade".
"Loitaremos polo emprego e por devolver a confianza aos veciños. Estamos aquí para mellorar Pontevedra, non para desfacer nada".

No hay comentarios: