miércoles, abril 22, 2015

SOLIDARIDADE CO POBO VENEZOLANO

O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición de lei a través da que se amosa a solidariedade co pobo venezolano, en particular cos milleiros de galegos residentes neste país, e se solicita ao Goberno de Venezuela que cumpra o disposto na súa Constitución e coas súas obrigas internacionais no que atinxe ao respecto aos dereitos de liberdade de expresión, asociación, reunión pacífica e pluralismo político. Os deputados popular tamén demandarán á Xunta que afonde na presenza do xadrez no sistema educativo galego. O portavoz Pedro Puy avanzou que “será un pleno longo”, cunha duración próxima ás 20 horas, no que a oposición defenderá tres de cada catro iniciativas que se debaterán

No hay comentarios: