miércoles, abril 01, 2015

REMATADO O PROCESO DE ELECCION DE ALCALDABLES


Alfonso Rueda informou do remate do proceso de elección de candidatos ás 314 alcaldías de Galicia. Rueda apuntou que, fronte as dificultades do resto de partidos para encontrar persoas que representen ás súas siglas, as papeletas dos populares estarán presentes unha vez máis no cen por cen dos municipios galegos.
O perfil medio dos aspirantes populares é de: idade próxima aos 50 anos, cunha profesión liberal ou por conta propia, licenciado ou diplomado e varón. A presenza de mulleres encabezando unha lista medra en case catro puntos respecto a 2011, pasando de 37 a 45 e sendo preto dun 15% do total.
No que respecta á renovación, a porcentaxe total é do 25% nos 314 concellos galegos, sendo do 55% se atendemos só aos municipios nos que o PPdeG non ten a responsabilidade de gobernar.
O dato é maior no que atinxe ás cidades, posto que os populares cambian de candidato en tres das catro urbes que non gobernan: Vigo, Ourense e Pontevedra, e pese a que nas tres foron a lista máis votada.
Rueda precisou que o modelo de campaña debaterase no vindeiro Comité de dirección pero que non hai fórmulas máxicas. Por iso, os populares basearán a súa campaña en explicar o que fixeron estes catro anos e o que farán nos seguintes.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Entre los alcaldia les figura el re(im)putado alcalde de Sada. Menos mal que los Sadenses no somos tontos y lo mandaremos a donde le corresponde: a la oposición. Y en noviembre mandaremos al mismo sitio a los genios que decidieron mantenerlo como candidato

Anónimo dijo...

Rueda , menudo invento , gracias a ella se movio el mundo , pero ahora la RUEDA se atranco y vamos de culo , vete a la escuela nene , y aprende a e i o u

Anónimo dijo...

Jajajajaja que grande Sada. O millor é o "alcaldable" en Betanzos!!! O pelele da imputada!!! Nin a metade dos concelleiros saca o marquesito!!!!

Anónimo dijo...


Eu espero que o alcaldable de Betanzos renove moitísimo a lista, polo menos os 10 primeiros porque si non si que non saca nada

Anónimo dijo...

Desde luego como vaya con el mismo equipo fijo que no gana, o lo cambia y sangre nueva o lo tiene complicado.

Anónimo dijo...

Señor Rueda ¿cuanto vale un euro?

Anónimo dijo...

Para renovar en Betanzos el primero que se tenía que renovar sería el propio alcaldable, porque él mismo dice de sí mismo que es la "continuidad". Al menos eso dijo en la entrevista de La Voz de Galicia.

Anónimo dijo...

Lo dijo en la Voz porque no es tonto, y sabe donde estan los votos. Por mucho que algunos os empeñeis.