viernes, abril 10, 2015

PESAR POLO FALECEMENTO DE JORGE CHAO

Barreiro lamentou profundamente o falecemento do ex edil Jorge Chao e expresou o seu máis sentido pésame a familia do coñecido ex edil popular. 
Barreiro destacou a dedicación de Jorge Chao polos lucenses, dende os cargos que desenvolveu: concelleiro en deportes, directivo no Círculo das artes e presidente da Federación de baloncesto de Lugo. Tamén lembrou que dentro dos logros que conseguiu para a provincia atópanse a posta en marcha das pistas de atletismo de As Pedreiras, as piscinas de Frigsa e a creación dunha oficina xuvenil no Seminario Menor. 
Barreiro concluíu destacando a dedicación e o compromiso que o ex edil desenvolveu no Partido Popular ao longo da súa vida.

No hay comentarios: