lunes, abril 20, 2015

PAIXON POR OURENSE

Máis de 500 persoas abarrotaron o sabado o Auditorio Municipal Ilduara de Celanova para asistir ao acto de presentación da candidatura de Manuel Baltar á Presidencia da Deputación de Ourense. Un acto sen precedentes en todo o Estado, pois nunca antes se proclamara un candidato para presidir unha institución provincial, única administración cuxos representantes non se elixen en urna. De feito, Manuel Baltar, que foi tamén o primeiro presidente provincial en reclamar un cambio lexislativo para solicitar a elección directa por parte dos cidadáns, volveu a reclamar un cambio para esta eiva democrática. "Algo que con só unha urna máis nas eleccións municipais se podería solucionar". 
Nunha intervención de pé, sen atril nen discurso escrito, co micrófono na man, Manuel Baltar proclamou a súa paixón por Ourense: "Unha terra traballadora, creativa e emigrante". Precisamente, quixo facer unha lembranza aos ourensáns emigrantes: "Forman parte do corazón de Ourense. Seguiremos facendo Ourense para eles, ainda q non podan votar o 24 de maio".
"Son ourensán e creo en Ourense", reivindicou Manuel Baltar, á vez que agradecía ao Comité Electoral do PPOU a súa designación como candidato á Presidencia da Deputación. "Non hai ningunha dúbida de que o día 24 de maio haberá un novo triunfo contundente. A única dúbida que existe é a de quén é o candidato a presidir a Deputación polo PSOE ou polo BNG. Nin eles o saben".
No tocante ao seu programa de goberno, recalcou a importancia do Territorio e da Cooperación. "Creo na Deputación como elemento transformador da provincia, nun conxunto de persoas que pensan en clave de Ourense. Temos equipo e temos programa: 77 medidas (dispoñibles na páxina web do PPOU) que serán unha realidade"

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Los mantenidos de la diputación en pleno haciéndole la pelota al cacique mayor de la provincia.

Anónimo dijo...

Ya hemos dicho que ese acto fue una verguenza.¿Qué hacían los del PSOE ahí ?, si viene la noticia en el País.Una fiesta bel baltarismo y su política de fichajes que no trae nada bueno.

mr jiminy cricket dijo...

Tiene muchas tablas Manuel Baltar, por eso, a diferencia de otra gente, no necesita texto escrito (escribo desde otra provincia pero le he visto en mi ciudad y se nota que se ha formado para hablar en público, a pelo, sin plasmas, ni papeles: bien hecho)

Anónimo dijo...

caciquelandia.