miércoles, abril 01, 2015

OURENSE EN FUTURO

Manuel Baltar presentouo primeiro programa electoral de ámbito provincial co que concorrerá ás eleccións municipais, destacando á innovación, a xestión económica, o "goberno verde" e a interacción total coa cidadanía como eixos dunhas medidas que Baltar considera que afonda nas singularidades e oportunidades que ofrece a nosa provincia e que temos que potenciar para acadar maior desenvolvemento social e xerar máis emprego e benestar para os ourensáns e as ourensás".
Segundo informou hoxe o candidato popular "son 77 accións a realizar en 48 meses, baixo o lema "Ourense en futuro", dando prioridade á eficacia na xestión económica, á política de "goberno verde", á participación cidadá, ao termalismo e aos avances tecnolóxicos baseados no concepto de "Provincia intelixente. Todo elo baixo o denominador común da innovación e centrándonos en aqueles aspectos que poden achegar competitividade e modernidade á nosa provincia", dixo Manuel Baltar.
Os principios inspiradores do Plan Ourense 15-19, que ofrecen unha nova visión da provincia de Ourense baséanse, explica Manuel Baltar, "son unha continuación coherente do Plan Ourense 92 na nova lexislatura que estamos a piques de comezar. Nesta próxima etapa histórica, que remata coa celebración das eleccións locais -agardo que tamén provinciais- do domingo 26 de maio de 2019 debemos ter en conta dous importantes fitos: O Programa Europeo H2020 e a chegada a Alta Velocidade". Para o presidente provincial do PP "ambos aspectos, combinados e enmarcados nunha estratexia provincial a medio e longo prazo poden xerar os suficientes elementos de valor que fagan da provincia un referente nacional e internacional".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Para saber de donde se va, hay que recordar de donde se viene:

Aduanas cree que José Luis Baltar aportó 210.000 euros a la caja B del PP de Ourense

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/04/01/aduanas-cree-jose-luis-baltar-aporto-210000-euros-caja-b-pp-ourense/0003_201504G1P10991.htm

Anónimo dijo...

Baltar II taifa ourensana.